A bahameña Ruth Adams, unha arma máis para o Arxil
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil non puido comezar de mellor maneira a tempada na Liga Feminina 2, con tres vitorias en tres xornadas, pero nos últimos días sumou unha arma máis ao seu plantel co obxectivo de reforzar as súas opcións de manterse na zona de honra.
Trátase de Ruth Adams, última fichaxe que se fixo de rogar.
A aleiro bahameña, que chega procedente da liga universitaria estadounidense, aterrou o pasado venres a Pontevedra solucionados os problemas burocráticos que lle mantiñan alén do charco, e cun só adestramento ás súas costas viaxou ao País Vasco co seu novo equipo para medirse ao Ibaizábal.
A estrea de Adams non foi brillante en números, con 0 de 7 en tiros de campo e unha valoración negativa, pero desde o club pontevedrés están convencidos de que a súa achega pode ser importante. De feito na súa última campaña, no St. Thomas Aquinas College, promediou 14,5 puntos por partido ademais de 5,9 rebotes.
"Vai achegar unha xogadora máis ao plantel, unha rotación que nos vai a permitir capacidade de anotar, rebotear, correr e de defender", analiza o directivo arxilista Lino Vázquez.
A estrea de Ruth Adams na casa producirase o vindeiro sábado 23 de outubro no partido que medirá ás verdes co Rosalía compostelán no CGTD (19.30 horas).
Relacionadas:
-
O Arxil iguala o seu mellor inicio histórico na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil leva o derbi contra o Rosalía santiagués para seguir invicto (63-41)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Nerea Liste lidera a vitoria do Arxil fronte o Ibaizabal (62-72)
Por Almu Dapena |
-
Sufrida vitoria con remontada incluída para o Arxil na visita ao Magectias (50-55)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil debuta en liga con vitoria sobre o recentemente ascendido Alhaurín de la Torre (71-45)
Por Redacción & Mónica Patxot |