Saleta Castro, podio na Titan Desert en Marrocos superando "probablemente a semana máis dura das nosas vidas"
Por Diego Espiño
É unha das probas deportivas máis esixentes do planeta, e Saleta Castro non só superou o reto senón que o fixo subindo ao podio na súa categoría.
Falamos da Titan Desert, competición de ciclismo BTT por etapas que este ano regresaba a Marrocos e ao deserto tras unha edición en Almería debido á pandemia. Precisamente en Almería estreouse hai un ano Saleta cun terceiro posto no Dúo Míxto, e nesta a súa segunda participación volveu a repetir éxito no terceiro chanzo do caixón.
A deportista pontevedresa competiu este vez en Marrocos coa súa parella, o tamén triatleta Víctor Benages, afrontando seis esixentes etapas cun total de 639 quilómetros e máis de 7.500 metros de desnivel acumulado, con tramos de navegación especialmente complicados, investindo 65 horas, 6 minutos e 5 segundos en completar o percorrido.
"Probablemente a semana máis dura das nosas vidas pero sabendo que xuntos podemos con todo", sinalou ao finalizar a competición moi contenta co resultado e por superar o reto.
Tras esta cita antes de finalizar a súa tempada Saleta Castro marcouse un último obxectivo, o Campionato do Mundo de Tríatlon Cros que se celebrará o próximo 30 de outubro en Estremadura.
Relacionadas:
-
Saleta Castro retírase en pleno Ironman de Lanzarote por unha indisposición
Por Almu Dapena |
-
Saleta Castro consegue o segundo posto no Infinitri Half de Peñíscola
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro finaliza a tempada cun décimo quinto posto no mundial de tríatlon cros
Por Redacción |
-
Trepidante final de tempada para Saleta Castro, coa Titan Desert e o Mundial de Tríatlon Cros
Por Diego Espiño |
-
Sexto posto para Pablo Dapena e oitavo para Saleta Castro no Mundial de longa distancia de Almere
Por Almu Dapena |
-
Saleta Castro consegue unha vitoria na súa preparación para o mundial de longa distancia
Por Redacción |
-
Saleta Castro debuta na Titan Desert con podio e unha experiencia "brutal"
Por Diego Espiño |