O Teucro vai de máis a menos contra o Eivissa e queda eliminado da Copa do Rei (24-30)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
A Sociedad Deportiva Teucro segue sen coñecer a vitoria esta tempada. O equipo pontevedrés tomouse un respiro da competición ligueira, afrontando este sábado a primeira eliminatoria da Copa do Rei na que recibiron no Pavillón Municipal ao Eivissa. A pesar de comezar o duelo con moi boas sensacións realizando un bo labor defensivo, sobre todo por parte de Joshua Rau, os azuis foron de máis a menos e perderon por un 24-30 que os elimina do Torneo do K.O.
Buscaban unha vitoria que lles dese confianza para cambiar a mala dinámica coa que comezaran a tempada. Para iso, Irene Vilaboa pediu intensidade en defensa aos seus, que sumada a un Joshua Rau que estaba a ser impoñente baixo paus, poñíanse cun parcial de 6-2 aos 10 minutos de partido, obrigando ao técnico visitante a parar o cronómetro.
Anotou o Eivissa un 0-2 que o achegaba máis ao Teucro, dando paso aos minutos de maiores imprecisións por parte de ambos os conxuntos, pero sobre todo dos locais, que comezaban a cometer erros nos seus lanzamentos que provocaban que o Eivissa colocásese a un gol do empate (min. 14, 7-6).
Pero nun visto e non visto e cunha defensa 5-1, os pontevedreses recuperaron un pequeno dominio, xa que o Eivissa non lles permitía afastarse en máis de tres tantos. Tres tantos que enseguida foron reducidos a nada, cando os insulars aproveitaron a exclusión de Pereiro para devolver a igualdade ao partido ( min. 20, 10-10).
Nese momento produciuse un punto de inflexión no que o control de xogo pasou a mans dun Eivissa que facía un fortín en defensa, cedendo tan só un tanto ao equipo pontevedrés, que empezaba a fraquear a falta de cinco minutos para chegar ao descanso (11-14). Irene Vilaboa pediu tempo morto e Marko Dzokic freou a seca goleadora dun Teucro que anotou dous goles fronte a un dos visitantes cando se alcanzou o final da primeira media hora (13-15).
Ao regresar dos vestiarios o equipo azul era outro. Precipitábase nos lanzamentos e empezou a cometer erros que permitían ao Eivissa irse en catro goles, que puideron ser seis pero Joshua Rau impediuno (16-20)
Alcanzábase o ecuador do segundo tempo e cada gol anotado por Teucro era respondido da mesma forma polos insulares que, a falta de 10 minutos para o final, apertaron unha marcha máis para ampliar a renda, deixando tocado aos azuis que estaban a ir de máis a menos (21-27).
Aínda que no últimos cinco minutos Irene Vilaboa adiantou a zaga dos seus conseguindo reducir diferenzas en ata seis puntos, os fallos para portería seguiron sucedéndose e o bo facer defensivo non foi suficiente para soñar con opcións de vitoria. Finalmente, derrota por 24-30 adeus á Copa do Rey na primeira eliminatoria.
Relacionadas:
-
O mal inicio de curso fai saltar as alarmas no Teucro
Por Diego Espiño |
-
Goleada do San Pablo Burgos a un Teucro tocado e afundido (28-41)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Defensa do liderado en Zarautz para o Cisne e partido clave para o Teucro
Por Redacción |
-
A Copa do Rei entra en escena para Teucro e Cisne
Por Redacción |
-
O Teucro afunde na súa visita o Soria (36-26)
Por Almu Dapena |
-
Miguel Sío ten roto o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |