Ángel Rodríguez: "Pediríalle á afección que teña paciencia, que estea a carón do equipo"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol buscará este sábado 16 (19.00 horas) fronte á UD Llanera a súa segunda vitoria consecutiva e a primeira na casa que lle permita despegar definitivamente e coa que "nos quitemos a mochila" que arrastrou o equipo no inicio do curso.
Así o recoñeceu este xoves en rolda de prensa Ángel Rodríguez, pedindo un esforzo á afección para "ser 12 contra 11".
"Pediríalle á afección que teña paciencia, que estea á beira do equipo", sinalou o técnico entendendo "perfectamente" aos seguidores que mostran o seu descontento durante o partido "pero ao final o que queremos todos é gañar" e para iso "está claro que cando xogas na casa e a xente se impacienta non axuda".
Rodríguez ve como moi importante vencer en Pasarón porque "creo que o xogador se vai a liberar bastante e a partir de aí vai dar máis do que ten".
O preparador granate valorou por outra banda, nos estritamente deportivo e fixándose no sucedido en Luanco, "que aqueles xogadores que saen do equipo logo cando volvan entrar reivindíquense, como é o caso de Álex que fixo un partido sensacional", sinalou con respecto ao capitán do equipo, aínda que avisa que agora hai que manter o nivel porque "se non o manteñen terán outro compañeiro esperando a súa oportunidade. Eu se fose xogador deste equipo non baixaría os brazos nunca", advertiu.
Na súa comparecencia Ángel Rodríguez analizou tamén ao próximo rival en liga, unha UD Llanera que "é un equipo que pisa por primeira vez a categoría" pero que é "físico, con xente de moita envergadura, que seguramente nos van a poñer en problemas no xogo directo e o balón parado, porque llo fixeron a todos os equipos".
Relacionadas:
-
A Verdura, primeira parada das celebracións do Pontevedra polo seu 80 aniversario
Por Redacción |
-
Rebaixa nas entradas do Pontevedra para celebrar o seu 80 aniversario
Por Redacción |
-
Charles, mellor xogador do mes no Pontevedra: "Agora son o xogador de área que sempre fun, e nótase"
Por Diego Espiño |
-
Charles, consolidado no top-10 histórico do Pontevedra e subindo
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra atopa o camiño: "Un equipo serio que non concede dá moita tranquilidade de medio campo para arriba"
Por Diego Espiño |
-
Vitoria para crecer dun sólido Pontevedra en Luanco (0-3)
Por Diego Espiño |