Charles, mellor xogador do mes no Pontevedra: "Agora son o xogador de área que sempre fun, e nótase"
Por Diego Espiño
O Estadio Municipal de Pasarón foi escenario este mércores da entrega do Premio Estrella Galicia ao mellor futbolista do Pontevedra durante o mes de setembro, galardón que se levou por votación popular Charles.
O dianteiro brasileiro aproveitou a ocasión para repasar a actualidade do equipo, sinalando tras a vitoria en Luanco que "o domingo se viu o equipo que queremos ser".
Charles asegura que "cambiaría polos puntos" o seu bo arranque de liga a nivel individual (5 goles en 6 xornadas), pero móstrase convencido de que atoparon "a liña para seguir tanto miña como do equipo. Oxalá que esta vitoria sexa un punto de inflexión de todos para que consigamos ir para arriba".
Pese ao irregular inicio de curso o 18 granate vese "ben, estou feliz e o equipo está a acompañar. Non estabamos a gañar pero vía que o equipo estaba ben", e destaca o nivel da categoría ao sinalar que "os equipos son moi parellos", polo que "temos que estar bastante ben para non comenter os erros que nos estaban penalizando".
A nivel individual o ariete do Pontevedra atópase este curso moito máis cómodo coa súa posición no terreo de xogo. "Eu agora son o xogador de área que sempre fun, e nótase. Estou máis preto do gol, o meu perigo é na área, estou a xogar a gusto na miña posición", recoñeceu.
Superada a laxa que supoñía non gañar, ao equipo quédalle aínda unha materia pendente, gañar e convencer en Pasarón, e para iso teñen a súa primeira opción o vindeiro sábado (19.00 horas) ante a UD Llanera, nunha xornada que ademais será especial por ser o 80 aniversario da entidade. "É un día redondo para todos, e oxalá podamos ao final estar todos felices e dando ese agasallo a todos". Palabra de Charles.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Os tempos escuros do Pontevedra nos noventa, un exemplo de "Resistencia"
Por Manu Otero |
-
Charles e Rufo afinan a súa puntería
Por Diego Espiño |
-
Regueiro de felicitacións en redes sociais ao Pontevedra polo seu 80 aniversario
Por Redacción |
-
Pontevedra festexa, Charles e Rufo golean (3-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
A Verdura, primeira parada das celebracións do Pontevedra polo seu 80 aniversario
Por Redacción |
-
Ángel Rodríguez: "Pediríalle á afección que teña paciencia, que estea a carón do equipo"
Por Diego Espiño |
-
Rebaixa nas entradas do Pontevedra para celebrar o seu 80 aniversario
Por Redacción |
-
Charles, consolidado no top-10 histórico do Pontevedra e subindo
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra atopa o camiño: "Un equipo serio que non concede dá moita tranquilidade de medio campo para arriba"
Por Diego Espiño |
-
Vitoria para crecer dun sólido Pontevedra en Luanco (0-3)
Por Diego Espiño |