O XaxanCX pecha en Marín unha brillante fin de semana de ciclocrós
Por Redacción
Despois do éxito organizativo do Gran Premio Ciudad de Pontevedra, primeira cita puntuable da Copa de España de Ciclocrós e evento de categoría internacional C1, Marín tomou a testemuña este domingo con outra carreira puntuable a nivel internacional, o XaxanCX de categoría C2.
A gran maioría de participantes do sábado, con figuras a nivel nacional e internacional, estaban presentes en Xaxan, e tamén unha armada autonómica que sumou cinco triunfos.
Laura Mira completou a fin de semana redonda do Supermercados Froiz na súa volta a esta especialidade gañando na categoría júnior coa súa compañeira Uxía Soto na segunda posición. Ademais Mira logrou un meritorio oitavo posto absoluto.
Pola súa banda a mellor galega na competición feminina foi Carla Fernández (Team Farto- BTC), segunda sub-23 por detrás da francesa Olivia Onesti (Star Casino). A ciclista do equipo pontevedrés foi sétima nunha xeral dominada pola campioa estatal Lucía González.
Pola súa banda na carreira elite masculina o dominio foi para a gran figura nacional, Felipe Orts.
En canto ao Supermercados Froiz, sumou ademais un terceiro posto sub-23 masculino con Gonzalo Inguanzo, penalizado por dúas picadas cando circulaba líder.
Relacionadas:
-
O ciclocrós pontevedrés eleva a súa presenza no calendario internacional
Por Redacción |
-
Tres ciclistas do Froiz poñen rumbo ao Europeo de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Fin de semana redonda para o Froiz na Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Gonzalo Inguanzo logra un dobre podio para o Froiz en Burgos
Por Redacción |
-
Dous podios para o Froiz nunha Copa de España de ciclocrós na que dominou o Nesta
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
"Mucha ilusión y muchas ganas" no Froiz para afrontar a Copa de España de ciclocrós
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Copa de España C1 de Ciclocrós de Pontevedra, unha cita que "abre as portas" para organizar o Europeo
Por Diego Espiño |
-
Volta ás orixes do Froiz apostando por unha estrutura de ciclocrós
Por Redacción |
-
Pontevedra e Poio abren unha vibrante tempada de ciclocrós
Por Redacción |
-
Tríatlon, ciclocrós, medio maratón... un outubro de eventos deportivos en Pontevedra que lembra á prepandemia
Por Diego Espiño |