Recepción municipal a Antía García tras a súa tripla medalla no Europeo de Salvamento
Por Redacción
Antía García recibiu este martes o recoñecemento e agarimo do Concello de Caldas de Reis tras a súa brillante actuación no Campionato de Europa de Salvamento.
A deportista caldense sumou no Europeo de Castelló tres medallas, unha delas de ouro e con récord de España incluído, na proba de 100 metros remolque maniquí.
Antía foi recibida polo alcalde do municipio, Juan Manuel Rey, e os tenentes de alcalde, Manuel González e Jacobo Pérez.
Os dirixentes locais sinalaron como un exemplo a unha nadadora que é tamén campioa mundial e que presta o seu nome á piscina municipal.
Relacionadas:
-
Antía García consegue cunha prata nos World Games a medalla que lle faltaba
Por Diego Espiño |
-
Antía García consegue tres medallas, unha de ouro, no Campionato de Europa de Salvamento
Por Diego Espiño |
-
Antía García bate o seu propio récord nacional no Campionato de España de Inverno de Salvamento
Por Redacción |