De penalti e no minuto 95 vence o Xuventú Sanxenxo (3-2) ao Rápido Bahía
Por Redacción
Os últimos minutos volven ser providenciais para o Xuventú Sanxenxo. Se os de ÿscar García xa dobregaran o Barco hai quince días en Baltar de Arriba no último suspiro, nesta ocasión rizaron o rizo do imposible e remontaron un marcador adverso, logrando o empate a falta dun minuto para os 90 regulamentarios, e conseguindo o gol da vitoria de penalti cando o reloxo superaba os cinco minutos de prolongación.
Foi un partido complicado. O Rápido Bahía entrou mellor no choque e despois dun par de avisos adiantouse cun gol de Rober. Logo os visitantes trataron de impedir que o partido tivese ritmo e conseguiron chegar ata a hora de xogo sen maiores angustias. Ata que chegou a expulsión de Guerra, por dobre amoestación.
A partir de aí, e en superioridade, o Sanxenxo lanzouse ao ataque en busca de dar a volta ao marcador ata que Hugo conseguiu o empate. Non obstante os visitantes, na súa única chegada en toda a segunda parte, provocan un penalti por derrubamento de Velay a Rober, que transforma Stefan adiantando de novo ao Bahía.
Co Sanxenxo envorcado e defensa de tres ordenada polo técnico, empezou un goteo constante de ocasións que dió froito a falta dun minuto, cando Cerqueiras, nun remate de cabeza, conseguiu empatar de novo.
Non se conformaron os locais, e no último suspiro Pasu derruba a Cuchi na área, minuto 95, sinalando o árbitro un penalti que Javi transforma dando a vitoria ao Sanxenxo.
XUVENTÿ SANXENXO (3): Velay; Darío, Fiti (Dani, min. 65), Javi, Alfonso, Deivi (Tinaia, min. 27), Hugo, Fernando Aguín (Diego Blanco, min. 46), Cuchi, Robert e Cerqueiras.
RÁPIDO BAHÍA (2): Marcos; Adrián (Isi, min. 67), Pasu, Joki, Félix, Guerra, Rober (Lino, min. 85), Eric (Rubén, min. 90), Adri, Stefan e Diego (Bande, min. 90).
Árbitro: Lago Barro (A Coruña). Expulsou a Guerra por dobre amoestación (minuto 59) e a Pasu por vermello directo (minuto 95). Amoestou a Hugo, Velay e Cerqueiras, polo Xuventú Sanxenxo, e a Adrián, Pasu e Rober, polo Rápido Bahía.
Goles: (0-1) Minuto 13: Rober. (1-1) Minuto 69: Hugo. (1-2) Minuto 78: Stefan, de penalti. (2-2) Minuto 89: Cerqueiras. (3-2) Minuto 95: Javi, de penalti.
Incidencias: Campo de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 150 espectadores.