O Arxil afronta o partido do sábado como a primeira final da tempada
Por Redacción
Dous partidos leva o Arxil na actual tempada da Liga Feminina 2 e dúas derrotas claras para as pontevedresas ante Ensino e Cortegada.
A traxectoria é calcada á do seu próximo rival en liga, o Baloncesto Avilés. Por ese motivo as rapazas dirixidas por Mayte Méndez queren que o encontro do sábado (19:30 no Centro Galego de Tecnificación) supoña un punto de inflexión ante un rival directo na loita por lograr a permanencia na categoría de prata.
A directiva do Arxil pide aos seus seguidores que acudan ao encontro con roupa verde que anime máis se cabe ás súas xogadoras neste importante choque.