Primeira derrota ligueira para o Villalonga na súa visita a Mondariz (3-1)
Por Redacción
O Villalonga perdeu a súa imbatibilidade despois de oito xornadas sen coñecer a derrota nun partido no que se viron claramente superados polo Mondariz.
Despois duns primeiros minutos de choque nos que os celestes puideron adiantarse no marcador, os locais deron o primeiro golpe, dominando a partir de aí o xogo e ampliando a vantaxe sen pasar excesivos apuros.
Só Jorge Fernández, no minuto 90 logrou batir a Toni para maquillar o resultado final.
Os de Julián Ferreiro, a pesar da derrota, mantéñense a dous puntos da segunda praza.
MONDARIZ CF (3): Toni, Iván, Chimpa, Jesús, Hugo, Anxo, Jonás, Iago (Xermán, min.85), Mario, Víctor (Nandi, min.67), Noel (Doti, min.80).
VILLALONGA CF (1): Albor, Adrián (Cristóbal, min.65), Saúl, Leo, Arias, Antonio, Cuqui, Rego (Héctor, min.55), Juanito (Martín, min.80), Ramón, Jorge Fernández.
Árbitro: Quintas Lorenzo (Ourense). Amoestou aos locais Jonás, Víctor, Jesús e Noel e aos visitantes Rego e Arias.
Goles: 1-0 Hugo, min.25; 2-0 Víctor, min.48; 3-0 Anxo, min.75; 3-1 Jorge Fernández, min.90.
Incidencias: Partido disputado no campo da Lagoa, Mondariz.