O Portonovo decide a balón parado no Grove (0-1)
Por Redacción
Un solitario gol de Gándara de falta directa, no minuto 14 de partido, deulle tres importantes puntos ao Portonovo na súa visita ao Monte da Vila do Grove (0-1).
O partido transcorreu con igualdade máxima e poucas ocasións de gol, cun conxunto arlequinado que se limitou a administrar a vantaxe adquirida ao comezo do encontro sen pasar demasiados apuros.
Os locais só tiveron opcións de empatar nunha clara ocasión que desperdiciaron no tempo de desconto.
Con este triunfo, segundo consecutivo, os de Ricardo Fernández recuperan posicións e achéganse aos postos de privilexio, mentres o Unión Grove queda ao bordo dos postos de descenso directo.
USD O GROVE (0): Andro, Camiña, Anxo, Sáez, Ameixeiro, Pénjamo, Piñeiro (Corrales, min.60), Marcos, Javichu, Gabriel (Rodri min.64), Pichi.
PORTONOVO SD (1): Marcos, César, Iván Renda, ÿscar García (Marcos, min.32), Melchor (Álex Cubas, min.64), Víctor, Suso Bea (Rodri, min.75), Gándara (Piñeiro, min.46), Suso Martínez, Silva, Luis Alberto.
Árbitro: Montouto Pérez (A Coruña). Amoestou aos locais Ameixeiro, Rodri e Corrales e ao visitante Víctor.
Gol: 0-1 Gándara, min.14.
Incidencias: Partido disputado no Monte da Vila do Grove.