O Concello aprobará o luns as subvencións para as escolas deportivas, que empezarán en outubro
Por Redacción
O Concello de Pontevedra aprobará o próximo luns as bases e a convocatoria pública de subvencións para o desenvolvemento das Escolas Deportivas Municipais (EDM) no período 2021-2022, que contan cun orzamento de 250.000 euros.
En concreto, orientaranse un máximo de 205.000 euros aos programas das EDM de carácter xeral para poboación en idade escolar, que contan cunha oferta inicial de 2.500 prazas; 30.000 para os programas que se realizan nos centros escolares das parroquias rurais, que ofrecen 600 prazas, e 15.000 para os de grupos especiais (persoas con algunha discapacidade, en risco de exclusión social, terceira idade...), cuxas prazas dependen do número de solicitudes presentadas e da súa valoración.
Aclara o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, que "o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP" e a petición de axuda, xunto coa restante documentación, “deberá presentarse a través da sede electrónica do Concello (http://sede.pontevedra.gal/)".
As Escolas Deportivas Municipais están destinadas a nenos e nenas do concello de Pontevedra con idades comprendidas, de xeito xeral, entre os 6 e os 14 anos, e entre os 4 e os 8 anos para aquelas que teñan como obxectivos preferentes os da educación física de base.
A apertura de prazos de inscrición e a oferta de prazas darase a coñecer ao longo da vindeira semana e as Escolas Deportivas poderían poñerse en marcha a mediados de outubro, a poder ser o día 15”.
Relacionadas:
-
Rexistradas medio milleiro de solicitudes no primeiro día de inscrición das escolas deportivas municipais
Por Redacción |
-
O Concello anuncia a apertura de inscricións para as escolas deportivas municipais
Por Diego Espiño |
-
O rugby volve á escola
Por Redacción |
-
A Deputación inicia unha nova edición do programa Deporte-Escolas con nove modalidades deportivas
Por Redacción |
-
O Concello traballa na reactivación das escolas deportivas para o mes de outubro
Por Redacción |