Saleta Castro busca nos Dolomitas o cetro europeo de tríatlon cros
Por Manu Otero
A triatleta pontevedresa Saleta Castro afronta un final de tempada repleto de retos. Despois de conseguir un meritorio oitavo posto no campionato do mundo de longa distancia e asinar o seu mellor marca dos últimos anos, pon agora rumbo a Italia para buscar a vitoria no campionato de Europa de tríatlon cros.
A deportista tomará a saída este domingo no Xterra Trentino- Dolomiti Paganella, unha cita que afronta "con moitas ganas de gozar a viaxe e dalo todo na competición", compartiu nas súas redes sociais no momento de desvelar a súa participación nesta proba.
Trátase dunha dura proba nunha paraxe natural espectacular. As 15 participantes rexistradas na proba elite deste europeo deben nadar 1.500 metros en dúas voltas ao circuíto do "lago máis bonito de Italia" separadas cada unha delas por un tramo de carreira a pé de 20 metros.
Acto seguido, chegará o tramo da bicicleta de montaña, na que as participantes deben cubrir unha distancia de 29 kilóemtros nun circuíto cun desnivel positivo de 950 metros que conecta as localidades de Molveno e Andalo.
O sector de carreira a pé será decisivo, para conseguir o triunfo Castro deberá dar dúas voltas a un circuíto de cinco quilómetros polos carreiros da beira do lago de Molveno.
Non só está en xogo o título de campioa de Europa, tamén unha recompensa de 10.000 euros que supoñería un broche de ouro para a tempada de Saleta Castro.
Relacionadas:
-
Sexto posto para Pablo Dapena e oitavo para Saleta Castro no Mundial de longa distancia de Almere
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena e Saleta Castro, "con ganas" de dar a batalla no Mundial de longa distancia de Almere
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro debuta na Titan Desert con podio e unha experiencia "brutal"
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro vence nun tríatlon de distancia olímpica 11 meses despois da súa última competición
Por Diego Espiño |