O Marín Futsal planta cara o Atlético Navalcarnero no seu debut en Primeira División (2-3)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
Debut case impecable do Marín Futsal no primeiro duelo da Primeira RFEF Futsal Feminina na Raña. As locais apostaron por unha forte defensa para complicar a tarde ao Futsi Atlético Navalcarnero, que tivo que suar a pinga gorda para levar a vitoria a Madrid.
Raul Jiménez coñecía ao equipo que tiña en fronte e sabía como debían traballar as súas xogadoras. Deixaron o dominio do balón ao Futsi, que conducía dun lado a outro buscando espazos.
Aos tres minutos de xogo, Laura Córdoba a pase de Irene Córdoba nun roubo de balón ao bordo da área, superou a Silvia Aguete para anotar o primeiro tanto do partido.
As táboas chegaron aos catorce minutos de xogo. O Marín, que aguantou as chegadas dun superior Navalcarnero, aproveitou unha das chegadas á área rival para que María León anotase o 1-1 a pase de Gabi.
Despois do paso polos vestiarios, as de Madrid volveron levar as rendas do partido, pero as locais, moi ben pechadas e mellorando os golpes ofensivos, poñíanas en aprietos.
Ju Delgado a pase de Ari culminou unha contra para marcar o 1-2. Pouco despois e de xogada estratéxica de falta, Café devolveu o empate ao marcador. Tras o gol da igualada, o Futsi aumentou a súa intensidade, axexando en todo momento a portería do Marín, moi activo en ataque.
Pero o gol que sentenciou o partido chegou para as visitantes. En xogada persoal, Ju Delgado culminou cun disparo cruzado polo á esquerda dando ao seu equipo a vantaxe por terceira vez na tarde do sábado.
Buscou o empate o Marín Futsal nos instantes finais, pero non foi capaz de conseguir o terceiro gol e o partido concluíu nun apaixonante 2-3, certificando un debut en primeira para enmarcar.
MARÍN FUTSAL (2): Silvia; Pau, María León, Café e Ceci (quinteto inicial). Tamén xogaron, Gabi, Lu e Inés.
ATLÉTICO NAVALCARNERO (3): Belén; Ari, Ju Delgado, Lora e Laura Córdoba (quinteto inicial). Tamén xogaron, Amelia Romero, Irene Córdoba, Anita Luján, Leti, Becha, María Sanz, Albita e Marta Balbuena (segunda porteira).
Goles: 0-1, min. 3 Laura Córdoba. 1-1, min. 14 María León. 1-2, min. 23 Ju Delgado. 2-2, min. 25 Café. 2-3, min. 35 Ju Delgado
Indicencias: Pavillón A Raña. Ao redor de 100 espectadores.
Colexiados: Javier Menéndez Nistal e Héctor Vilas do colexio galego. André Paz foi o auxiliar. Amoestaron a Gabi no Marín Futsal.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal deixa escapar a súa primeira vitoria no último minuto contra o Ourense Envialia (1-1)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar faise co derbi contra o Marín Futsal (0-2)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Poio Pescamar mide as súas aspiracións contra o Burela e o Marín Futsal busca o seu primeiro triunfo en Melilla
Por Redacción |
-
Valdetires Ferrol-Poio Pescamar e Viaxes Amarelle-Marín Futsal na primeira rolda da Copa da Raíña
Por Almu Dapena |
-
Comeza unha tempada de ilusión para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Silvia Aguete, Luci e Jenny Lores, citadas a unha concentración coa Selección Española
Por Redacción |