O PSOE critica a pouca distancia de separación dos valos no campo de fútbol de San Pedro
Por Redacción
A renovación do campo de fútbol de San Pedro foi motivo de críticas por parte do Partido Socialista de Marín, en concreto no que respecta aos aspectos de seguridade relacionados cos valos perimetrais do terreo de xogo.
"Acábanse de executar as obras de cambio do céspede artificial no estadio municipal de San Pedro e non entendemos por que se limitou tanto o terreo de xogo colocando unha varanda á distancia mínima esixida habendo espazo suficiente para unha separación moito maior", sinalou o portavoz do PSOE, Diego González, sobre un asunto defendido no Pleno Municipal.
Os valos instaláronse a 1,5 metros nos laterais e 2 metros nos fondos, e esta proximidade, defende González, supón un "risco para os deportistas".
"Cada vez está máis presente no deporte a necesidade de aumentar a prevención e a seguridade dos deportistas, polo que, non entendemos que desde as institucións non fagamos o posible por velar por esta seguridade neste caso dos futbolistas e coloquemos barreiras físicas en lugares comprometidos" explicou poñendo como exemplo o campo de Chan de Piñeiro onde "está bastante máis separada".
Relacionadas:
-
Instalar medidas de protección nas varandas de valos e pavillóns, demanda do PSOE de Marín
Por Redacción |
-
O PSOE solicita o arranxo da cantina do campo de fútbol de San Pedro
Por Redacción |
-
Os traballos de renovación do campo de fútbol de San Pedro entran na súa recta final
Por Redacción |
-
Avanzan os traballos en San Pedro coa instalación do céspede sintético
Por Redacción |
-
Arrancan as obras para cambiar o céspede do Campo de fútbol de San Pedro
Por Redacción |