O remo galego reúnese un ano máis en Marín
Por Redacción
Marín repite como sede do ciclo de remo da Semana Abanca de deportes náuticos.
A cita, presentada este xoves no Concello, contará con dúas probas, empezando pola Copa Galicia de Bateis que se celebrará este sábado 11 de setembro fronte ao Paseo Alcalde Antonio Blanco.
Nesta primeira competición está prevista a participación de ata 35 embarcacións entre as diferentes categorías (alevín, infantil, cadete e xuvenil), coa presenza dos grandes clubs galegos nunha actividade que dará comezo a partir das 15.00 horas.
Ademais o pavillón do Colexio San Narciso será escenario o xoves 16 de setembro do Campionato Escolar de Remo Ergómetro, no que está prevista a participación de ao redor de 200 escolares.