VÍDEO.- Carlos Baute 'ficha' polo Bádminton Ravachol Pontevedra
Por Diego Espiño
O Club Bádminton Ravachol Pontevedra fichou, polo menos por un día, a toda unha figura internacional.
O popular cantante venezolano Carlos Baute enviou un cariñoso vídeo ao club pontevedrés ante o comezo da que será a súa segunda aventura na División de Honra.
"Esta mensaxe é moi especial para todo o club de Bádminton alí en Pontevedra", sinala o artista dando ánimos para a nova tempada.
"Dixéronme que é a máxima categoría, eu non teño moita idea pero a ver se nalgunha ocasión convídanme a xogar por alí xa que de cando en vez vou a Galicia", prosegue cunha luva que recolleu a entidade, afirmando pola súa banda que "estás convidado a xogar connosco na túa próxima viaxe a Galicia".
Baute quixo ademais "animar a todos os afeccionados para que vaian a todas as xornadas de liga na casa". Todo un respaldo de categoría internacional para un club que quere seguir medrando e asentando o seu deporte na cidade.
Relacionadas:
-
O Bádminton Ravachol inicia a liga con derrota pero plantando cara ao potente IES La Orden
Por Redacción |
-
Elena Fernández, Pablo Sanmartín e María Torres pechan as renovacións no Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Ravachol renova ao seu especialista en dobres, Javi Sánchez
Por Redacción |
-
O Ravachol xa coñece o seu calendario, debutará o 25 de setembro en Huelva
Por Redacción |