Sanxenxo dá a benvida ao Europeo 6M de vela
Por Redacción
O Real Club Náutico de Sanxenxo foi escenario este mércores da presentación do Xacobeo 6 M Europeans 2021, que se celebrará do 13 ao 18 de setembro.
O Campionato de Europa desta clase confirma a Galicia como "unha potencia mundial na vela", tal e como afirmou na presentación o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, acompañado entre outros da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, do alcalde Telmo Martín e do presidente do club, Pedro Campos.
"Están aquí os mellores do mundo: os dous últimos campións do mundo, os dous últimos gañadores de Europa, e tamén grandes tripulacións. Esta clase foi olímpica durante uns 40 anos polo que algúns destes barcos contan mesmo con medallas olímpicas", destacou o presidente do Náutico de Sanxenxo.
Entre os participantes estará o mítico Bribón, ligado á Casa Real e que baixo a grímpola do Real Club Náutico de Sanxenxo venceu no Europeo desta clase en Francia no ano 2018.
No Campionato participarán embarcacións de oito países europeos. Serán en total 31 os equipos participantes, seis deles galegos entre os clásicos (Bribón, Stardust e Titia do RCN Sanxenxo, o Aida do RCN Coruña e o Alibaba do Monte Real Club de Yates de Baiona) e os de categoría open (Stella, do RCN Sanxenxo).
Relacionadas:
-
'Bribon 500' e 'Thisbe' proclámanse campións do Xacobeo 6mR Europeans de vela
Por Redacción |
-
O Náutico de Sanxenxo recibe a visita da Infanta Elena
Por Oskar Viéitez |
-
A ría de Pontevedra goza coas primeiras regatas do Europeo 6 mR de vela
Por Redacción |
-
Sanxenxo será durante dez días a capital europea da vela
Por Redacción |