O Monte do Acibal, escenario da segunda carreira 'Depo Orienta'
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra abriu as inscricións para a segunda carreira do programa 'Depo Orienta', de orientación deportiva.
A proba, que se disputará o domingo 26 de setembro no Monte do Acibal en Barro, toma a testemuña da celebrada recentemente na localidade de Gondomar.
Segundo informa a institución provincial os interesados en participar na actividade poden anotarse na web www.depo.gal ata o luns 20 de setembro ou ata esgotar as 200 prazas dispoñibles.
'Depo Orienta' terá ademais unha terceira proba cunha carreira na desembocadura do río Umia en Cambados prevista para o 10 de outubro, na que o obxectivo como no resto de citas será completar o percorrido no menor tempo posible pasando polos diferentes puntos de control habilitados coa axuda dun mapa de e material de orientación.