As promesas do piragüismo pontevedrés póñense a proba no mundial de Portugal
Por Redacción
A localidade portuguesa Montemor o Velho acolle desde este venres e ata o luns o Campionato do Mundo Junior e sub 23 sprint de piragüismo.
A expedición galega conta con 18 padeeiros entre os que se atopan as pontevedresas Claudia Couto e Lucía Graña, así como os irmáns do Breogán do Grove, Noel e Diego Domínguez; e a canoísta do Piragüismo Poio, Carla Sieiro.
A primeira en tomar contacto coa competición será a pontevedresa Claudia Couto no C1 500 metros da categoría xuvenil. A súa participación será ás 10 horas. Ademais volverá competir pola tarde coa súa compañeira de equipo Lucía Graña no C2 200 metros.
Dúas horas máis tarde colocarase na liña de saída da proba de C1 1000 metros sub 23, o canoista do Breogán do Grove Noel Domínguez. Mentres que o seu irmán Diego Domínguez sairá ás 13:12 no C1 1000 metros xuvenil.
Ás 12:35 horas Carla Sieiro participará na serie de C1 500 metros sub 23, as tres primeiras conseguen o pase directo á final mentres que o resto pasarán a semifinais.
Relacionadas:
-
Dobre medalla de prata para o piragüismo pontevedrés na última xornada do Mundial Sprint Júnior e Sub-23
Por Diego Espiño |
-
Bronce para as pontevedresas Claudia Couto e Lucía Graña no Mundial júnior de piragüismo sprint
Por Redacción |
-
Boa imaxe do piragüismo pontevedrés no Campionato de España de Maratón Curto
Por Redacción |
-
Maratón de piragüismo esta fin de semana en Verducido
Por Manu Otero |