O canteirán do Pontevedra Coke Carrillo chega cedido ao Celta B procedente do FC Barcelona
Por Redacción
O porteiro Coke Carrillo, formado na canteira do Pontevedra, chega cedido ao Celta B procedente do FC Barcelona. O novo gardameta de 20 anos asina ata final de tempada, pero conxunto celeste se garda unha opción de compra que podería executar ao finalizar o curso.
O internacional español sub 19 poderá debutar desta forma na recentemente creada 1ª RFEF co filial celeste, que este ano revolucionou o seu persoal cun total de once novos fichaxes.
Nacido en Poio, Carrillo foi formado nas categorías inferiores do Pontevedra, pero no 2018, xa en categoría xuvenil, cambiou escudo granate polo azulgrana. Na Masía formou parte do xuvenil B para ascender o curso pasado ao xuvenil A. As súas grandes actuacións levaron á actual directiva do FC Barcelona, a renovar o seu contrato ata o ano 2024 con posibilidade de dous anos máis adicionais. Ademais a súa cláusula de rescisión é de 50 millóns de euros, que pasarían a 100 millóns no caso de chegar ao primeiro equipo.
O prezo da opción de compra establecido no acordo entre ambos os clubs non transcendeu, pero no Pontevedra están moi atentos aos movementos do seu canteirán porque en función da súa progresión no FC Barcelona ou noutros clubs, a entidade de Pasarón podería embolsarse ata un millón de euros.
Relacionadas:
-
Coke Carrillo asina polo Celta de Vigo para as próximas 5 tempadas
Por Diego Espiño |
-
O regreso de Coke Carrillo ao Pontevedra, un soño?
Por Diego Espiño |
-
Coke Carrillo renova ata 2024 co Barcelona cunha cláusula de rescisión de 50 millóns de euros
Por Diego Espiño |
-
Coke Carrillo, de concentración coa Selección Española Sub-19
Por Diego Espiño |
-
Coke Carrillo, ante un gran reto no xuvenil A do Barcelona
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra fai oficial o traspaso do canteirán Jorge Carrillo ao Barcelona
Por Diego Espiño |