O CW Pontevedra ponse en marcha para volver competir en liga 18 meses despois
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra ponse en marcha. O 1 de setembro a directiva do club ten previsto retomar a súa actividade para a tempada 2021/2022 coa esperanza de volver competir nas ligas das diferentes categorías despois de case 18 meses sen encontros oficiais.
Co inicio de setembro, a escuadra pontevedresa cita a todos os seus deportistas e os seus familiares para as reunións técnicas informativas de inicio de tempada para explicar como levarán a cabo os adestramentos.
As reunións celebraranse no edificio administrativo da Xunta en Benito Corbal e alí están citados os integrantes de cada unha das categorías cada media hora para terminar ás 21 horas coa reunión do equipo absoluto masculino.
As datas e piscinas de inicio de adestramentos están aínda pendentes de confirmar. Ademais, lembran desde o club que volverán organizar xornadas de portas abertas para captar novos xogadores de calquera categoría.
Relacionadas:
-
O CW Pontevedra afronta esta fin de semana a súa primeira competición posterior á pandemia
Por Redacción |
-
O CW Pontevedra recoñece o compromiso da base coa entrega de medallas
Por Redacción |
-
O CW Pontevedra celebra a volta á competición con triunfo no campionato galego infantil
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra volve competir quince meses despois
Por Redacción |