Os xogadores do Teucro dan negativo en covid-19 e regresan ao traballo
Por Redacción
Os xogadores do Teucro regresan aos adestramentos. Catro días despois de que Sanidade obrigase ao persoal para confinarse polo positivo por covid-19 detectado nas filas do Lalín, último rival teucrista, o equipo azul volve ao traballo despois de que todas as probas PCR ás que foron sometidos os xogadores desen negativo.
O parón na preparación durou menos do que temían no seo do club e os de Irene Vilaboa poden concentrarse xa en seguir preparándose para o inicio da tempada sen máis sobresaltos.
Doutra banda, o equipo ten previsto presentar a nova campaña de socios este luns a partir das 12 horas no Concello de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Irene Vilaboa pon deberes ao seu novo Teucro: "Subir a intensidade ao que xogabamos o ano pasado"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro apela a un sentimento "inefable" para captar novos socios
Por Manu Otero |
-
Un positivo por covid-19 nas filas do Lalín obriga ao plantel do Teucro a confinarse
Por Redacción |