José Antonio Lema, o pontevedrés de récord en tiro de longa distancia
Por Redacción
José Antonio Lema, natural de Bergantiños pero residente en Pontevedra desde hai máis de 20 anos, proclamouse esta fin de semana campión de Galicia en tiro olímpico Fclass 900/1000 iardas, unha modalidade que está en auxe e que consiste en disparar a case un quilómetro de distancia.
E xa van tres os títulos galegos conseguidos por Lema de maneira consecutiva, todos en Parga, Lugo, debido a que é o único campo de tiro de 1000 metros existente en Galicia.
O campionato durou dous días, un de adestramento e outro de competición, que consta de catro entradas de 22 disparos cada unha. Pódense obter ata 300 puntos.
Este último título súmase aos sete de campión de España e ao de campión de Europa por equipos, sendo Lema o capitán da selección nacional.
Agora, o pontevedrés pensa no campionato de Europa que se celebrará en Gran Bretaña no mes de setembro.