O Ravachol renova ao seu especialista en dobres, Javi Sánchez
Por Redacción
O Bádminton Ravachol continúa coa confección do primeiro plantel de fronte ao comezo da nova tempada en División de Honra coa renovación dun de Javier Sánchez, que seguirá unha tempada máis no equipo pontevedrés.
O doblista titular do equipo seguirá sendo unha das referencias do club. Desde a súa chegada no mercado invernal da tempada 20-21 conseguiu uns números extraordinarios: 11 vitorias en 14 partidos.
"Javi foi un xogador importante desde o primeiro día, achegounos esa experiencia e garra que faltaba ao ser un equipo tan novo e sen apenas experiencia en División de Honra. A súa renovación é unha gran noticia para o club, xa que os individuais están ben cubertos pero a figura dun bo doblista é clave nesta liga" comentaba Pereiro, director deportivo do club.
Actualmente Sánchez vive en Madrid, e adestra diariamente co catro veces olímpico Pablo Abian. Ademais, comparte adestramentos cos tamén pontevedreses Ania Setién e Jacobo Fernández, que este ano se incorporaron ao centro de alto rendemento.
Así mesmo, acordouse co doblista Martín Barbado a súa cesión a un equipo de Primeira Nacional, xa que coa renovación de Sánchez é difícil que poida contar con oportunidades, e deste xeito continuará a súa progresión para ser importante no futuro.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Carlos Baute 'ficha' polo Bádminton Ravachol Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Elena Fernández, Pablo Sanmartín e María Torres pechan as renovacións no Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Ravachol xa coñece o seu calendario, debutará o 25 de setembro en Huelva
Por Redacción |
-
O Ravachol renova á súa xoven promesa, Ania Setién
Por Redacción |
-
Georgina Bland dálle ao Bádminton Ravachol a súa primeira alegría da tempada
Por Redacción |