O Teucro xa ten o extremo esquerdo que buscaba: Álex Sánchez
Por Redacción
A xunta xestora da SD Teucro fai oficial a fichaxe de Álex Sánchez Figueroa para a próxima tempada. Trátase dun extremo esquerdo de 20 anos e 1,80 metros de altura que se poñerá a de forma inmediata ás ordes da adestradora Irene Vilaboa, que aínda agarda a chegada dun porteiro e un lateral dereito para pechar o plantel.
Sánchez Figueroa creceu xogando ao balonmán. Con só tres anos de idade comezou a practicar este deporte nas filas do Balonmán Chapela, no que permaneceu durante toda a súa carreira, incluídas as catro últimas campañas en Primeira Nacional
Ademais, o novo extremo esquerdo da Sociedade Deportiva Teucro foi un habitual nas listas de concentracións da selección galega para disputar o Campionato de España de Comunidades. Tamén participou en tres fases de ascenso, unha en categoría cadete e as outras dúas en categoría xuvenil.
"Estou moi ilusionado de poder pertencer a este club, xa que ten unha gran historia que sempre seguín. Na miña vida persoal veño coller experiencia e madurez e na vida deportiva veño para achegar o meu gran de area e aprender día a día. Estou moi ilusionado porque é unha nova etapa que se abre na miña vida", dixo despois de anunciarse a súa fichaxe.
Relacionadas:
-
O Teucro supera o Xiria no primeiro amigable diante da súa afección (31-25)
Por Redacción |
-
Irene Vilaboa pon deberes ao seu novo Teucro: "Subir a intensidade ao que xogabamos o ano pasado"
Por Diego Espiño |
-
Martín Davila, reforzo do Teucro para o extremo dereito
Por Redacción |
-
O primeira liña portugués Gonçalo Morais, nova fichaxe do Teucro para a próxima tempada
Por Redacción |