O Teucro regresa este xoves aos adestramentos co plantel sen pechar
Por Manu Otero
O Teucro regresa este xoves aos adestramentos. Os de Irene Vilaboa están citados ás 20.30 horas desta tarde no Pavillón Municipal para celebrar o primeiro adestramento da tempada 2021/2022 na que os azuis volverán competir en División de Honra Prata.
Para esta primeira cita da pretemporada, que terá lugar a porta pechada, están citados todos os xogadores do primeiro equipo coas únicas excepcións de Alejandro Gómez, por motivos persoais; e de Caue Herrera, que se incorporará ao equipo nas próximas semanas debido á tramitación dos documentos requiridos polo consulado de Brasil.
Con todo, o plantel non está pechada e desde a xunta xestora prevén que ao longo da pretemporada váianse sumando á dinámica do equipo varios reforzos.
O obxectivo do equipo que dirixirá por segunda tempada consecutiva Irene Vilaboa pasa por conseguir a permanencia sen pasar tantos apuros como no curso pasado no que tiveron que vencer no último partido de liga para asegurar a salvación. A madurez de moitos xogadores que chegaran ao equipo sen experiencia na categoría, así como a consolidación dunha idea de xogo e dun núcleo deportivo sólido convidan o optimismo, aínda que desde o seo do vestiario advirten de que o nivel da liga é alto e que será necesario ofrecer a mellor versión en cada partido para sumar vitorias.
Os xogadores que compoñen polo momento o primeiro equipo teucrista son as fichaxes Álvaro Moreno, Gonçalo Morais, Martín Davila e Joshua Rau, ademais dos renovados Caue Herrera, Ricardo González, Miguel Sío, Alejandro Gómez, Víctor Deco, Iago Rodríguez, Álex Pereiro e Pedro Sánchez.
Relacionadas:
-
O Teucro apela a un sentimento "inefable" para captar novos socios
Por Manu Otero |
-
Un positivo por covid-19 nas filas do Lalín obriga ao plantel do Teucro a confinarse
Por Redacción |
-
Irene Vilaboa: "O Teucro non vai ser un equipo fácil para o resto de rivais"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Marko Dzokic, teucrista unha tempada máis
Por Redacción |
-
O Teucro amplía por un curso máis o contrato de Álex Pereiro
Por Redacción |
-
Martín Davila, reforzo do Teucro para o extremo dereito
Por Redacción |
-
Tres xuvenís do Teucro, complemento ao primeiro plantel
Por Diego Espiño |
-
O primeira liña Álvaro Moreno, terceiro reforzo do Teucro
Por Redacción |
-
O primeira liña portugués Gonçalo Morais, nova fichaxe do Teucro para a próxima tempada
Por Redacción |