O Arxil planifica tres partidos de preparación antes do seu debut en liga contra o Alhaurín o 2 de outubro
Por Redacción
O Arxil volve ao traballo o 1 de setembro coa vista posta no primeiro partido de Liga Feminina 2 previsto para o 2 de outubro ás 19.30 horas no CGTD contra o cadro malagueño do Alhaurín de la Torre.
Para chegar nas mellores condicións posibles a esa data, a directiva do cadro verde xa ten perfilado o calendario de pretemporada. Debutarán en Copa Galicia no CGTD o 5 de setembro contra o Ulla Oil Rosalía, na segunda xornada, prevista para o 7 ou 8 de setembro, recibirán ao Cortegada; e na terceira, desprazaranse a Coruña o día 11 para enfrontarse ao Maristas.
En función dos resultados, as de Mayte Méndez poderán clasificarse directamente a semifinais, onde espera o Baxi Ferrol. Se son subcampioas, xogarán unha eliminatoria previa contra o Celta. E se chegan á final enfrontaranse ao Ensino en datas e escenario aínda por confirmar.
Con todo, se o Arxil acaba caendo na fase de grupos, a directiva xa traballa para organizar un cuarto partido de preparación que tería lugar o día 16 ou 17 de setembro.
Relacionadas:
-
Forster continúa no Arxil por terceira tempada consecutiva
Por Redacción |
-
Belén Paz, Laura Rodríguez, Sabela Valdés e Lara Durán pechan un longo ciclo no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil apúntase ao 'crowdfunding' para completar o seu orzamento
Por Redacción |
-
O Arxil debutará nunha renovada Copa Galicia co Ulla Oil Rosalía
Por Redacción |