Medio milleiro de padexeiros participaron na 27 edición da Baixada do Umia
Por Redacción & Cristina Saiz
Medio milleiro de padexeiros concentráronse este sábado nas inmediacións da ponte de Barrantes para celebrar a 27 edición da Baixada Internacional do Umia, unha das competicións máis importantes do calendario galego.
A competición, organizada polo Náutico O Muíño, comezou ao redor das 16:30. Co mesmo percorrido que anos anteriores, a ponte foi o punto de saída dos participantes, que despois se dirixiron cara a Castrelo para regresar ata unha das dúas mesas volantes.
Os vencedores desta 27 edición en categoría cadete masculina foron Martín López (Cabanas KDM) en K-1, Antón Cao e Iker Veiga (Náutico Firrete) en K-2, Pedro Torrado ( As Torres) en C-1 e, finalmente, Julen Pérez e Nicolás Braña (Piragüismo Poio) en C-2.
Pola súa banda, en feminina gañaron Lucía Tenreiro (Illa de Arousa) en K-1, Iria Ludeiña e Irea Alonso (Kayak Tudense) en K-2 e Nerea Novo (Pontecesures) en C-1.
En xuvenil masculino, Izan Argüelles (Los Gorilas de Candas) gañou en K-1, Noel Martínez e Pedro González ( EP Ciudad de Pontevedra) fixeron o propio en K-2, Juan Barreira (Los Gorilas de Candas) en C-1 e por último, Martín Expósito e Noe Romero ( EP Ciudad de Pontevedra) en C-2.
Celia Durán (As Pontes) alcanzou a meta en primeiro lugar en K-1, Carla Fernández e Sandra Leira (Betanzos) en K-2 e Noa Conde (Río Verdugo) en C-1.
Antonio Palmas (CP Vilaboa) fíxose co primeiro posto en sénior K-1 masculino, Manuel Carreja e Alberto Pigueras (Viveiro) en K-2 , Fernando Busto ( As Torres) en C-1 e Álvaro López e Jaime Duro ( EP Ciudad de Pontevedra) en C-2.
En K-1 feminino a mellor foi Xema Alonso (Ría Betanzos), en K-2 foron Araceli Menduíña e Cintia Fernández (Ría de Aldán) e, en C-1, María Pérez (O Muíño).
En Máster K-1 o gañador foi Antonio Polo (As Pontes), en K-2 venceu a dupla formada por Armando Blanco e Andrés Diéguez (Ribeiras do Tambre), en C-1 chegou en primeiro lugar Gustavo Riveiro ( As Torres) e, en C-2, chegaron Rafael González e Vicente Correa (Kayak Tudense).
Finalmente, en Máster K-1 feminino gañou Rosa María Barros (Kayak Vigo) e, en K-2, venceron Mónica Piñeiro e Kissi Torres (Avión-Castrelo de Miño).
Relacionadas:
-
A canteira do piragüismo de Ponte Sampaio recibe as felicitacións do Concello polos éxitos do Campionato de España
Por Redacción |
-
O Ciudad de Pontevedra gaña a XXVIII Baixada do Umia
Por Redacción |
-
A Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra vence na 26 Baixada Internacional do Umia
Por Redacción |