O Xuven non se pode estrear con vitoria ante o poderoso Palma Air Europa (72-82)
Por Redacción
O Conservas de Cambados non puido vivir a súa estrea soñada na Adecco LEB Prata e acabou perdendo ante o poderoso Palma Air Europa (72-82).
Os amarelos sen embargo si prantaron cara ao equipo balear, principalmente nos dous primeiros cuartos, marcados pola igualdade, pero non conseguiron manter o ritmo e o Palma demostrou a súa autoridade.
Despois de chegar ao descanso cun apertado 32-37 os visitantes aceleraron á volta de vestiarios e comezaron a ampliar unha renda que chego aos 19 puntos nos primeiros minutos do último cuarto (46-65).
O honor do Xuven logrou recortar a distancia, pero aos baleares valeulles con dodificar a vantaxe adquirida para asegurarse o triunfo.
Taylor García con 20 puntos e Alberto Rodríguez con 15 foron os máximos anotadores no bando amarelo.
CONSERVAS DE CAMBADOS (72): Orellano (10), Alberto Rodríguez (15), Norman Rey (9), Merino (2), Taylor García (20) -cinco inicial- Ander García (11), Lucas Vaquero (2), Juan Mato, Wildner, Diatta Diop (2), Oubiña (1).
PALMA AIR EUROPA (82): Pantín (10), Di Bartolomeo (9), Llompart (4), Blair (16), Iván Matemalas (18) -cinco inicial- Adrover (2), Gabriel Torres (2), Vicens (15), Pampín (2), Cañellas (4).
Árbitros: Sánchez Ariz e Martín Vázquez.
Parciais: 19-21, 13-16, 14-21, 26-24.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Pombal, Cambados.