Reacción tardía do Peixe Galego ante o Baloncesto Fuenlabrada (66-73)
Por Redacción
Primeira derrota da tempada para o Peixe Galego na liga Adecco LEB Prata no seu segundo partido na competición.
O Fundación Baloncesto Fuenlabrada, filial do equipo ACB, fixo valer a súa gran primeira parte para conseguir o triunfo (66-73) ante un equipo marinense que acusou o seu inicio duditativo.
Os de Javi Llorente non foron capaces de frear o xogo interior dos madrileños nos dous primeiros cuartos, sufrindo ademais un grande acerto visitante no tiro que elevou a renda a 19 puntos ao descanso (26-45).
Sen embargo a arenga do técnico 'peixe' aos seus fixo efecto e o conxunto de Marín empezou a xogar con maior confianza recortando pouco a pouco a diferenza.
A pesar diso faltoulle tempo ao Peixe Galego que quedou preto da remontada pero que demostrou poder competir ante un dos, a priori, chamados a loitar polos postos altos da liga.
MARÍN PEIXE GALEGO (66): Manuel Ferreiro (2), Luis González (6), José Luis Fernández (6), Joseba Aramburu (12) y Mark Dirugeris (5) -cinco inicial- Gregorio Adón, Dario Suárez (7), Alberto Homs (11), Al Rapier (13).
FUNDACIÿN BALONCESTO FUENLABRADA (73): Jorge Sanz (3), Rubén Martínez (18), Sergio Pérez (20), Rolands Smits (4), José María González (15) -cinco inicial- Cabral, Mena (8), Javier de Pinto (3), Jon Ander Aramburu, Boubacar Moungoro, Sergio Mendiola (2).
Árbitros: Morales García-Alcaide e Murilo Khon.
Parciales: 16-22, 10-23, 15-9, 25-19.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Raña, Marín.