O Marín Futsal renova á súa capitá, Pau
Por Redacción
A capitá do Marín Futsal non perderá o debut do seu equipo na Primeira División, tras o brillante ascenso conseguido na pista.
Paula García 'Pau' renovou coas marinenses para a próxima campaña.
Trátase da terceira xogadora confirmada no plantel dirixido por Raúl Jiménez, xunto á tamén renovada Ceci e a fichaxe da gardameta pontevedresa Silvia Aguete.
Desta forma e aínda que a un ritmo acougado o Marín Futsal dá pasos adiante no seu novo proxecto deportivo pensando no debut ligueiro do 18 de setembro na Raña ante un dos grandes da categoría, o Futsi Atletico Navalcarnero.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal lanza a campaña de abonados para a tempada do seu debut en Primeira
Por Redacción |
-
Café e María León renovan e súmanse ao "proxecto ilusionante" do Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal ficha á internacional brasileira Gaby e renova á súa gardameta Antía
Por Redacción |
-
Marín Futsal-Atlético Navalcarnero e Alcorcón-Poio Pescamar para empezar a liga
Por Diego Espiño |
-
Ceci renova co Marín Futsal para o debut na Primeira División
Por Redacción |
-
Silvia Aguete elixe o proxecto do Marín Futsal
Por Redacción |