O Campionato de España Sprint Olímpico de Piragüismo reúne en Verducido "máis de 800 padexeiros"
Por Redacción
Tres anos despois a gran cita do piragüismo nacional, o Campionato de España Sprint Olímpico na categorías sénior e xuvenil, regresa ao Complexo Deportivo David Cal do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido.
A cita, que foi cancelada en 2020 pola evolución da pandemia, mantén a Pontevedra como sede nunha edición que contará con "máis de 800 padexeiros", confirmou na súa presentación o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.
Con tres xornadas previstas o venres 30 de xullo, sábado 31 e domingo 2 de agosto, será a antesala ademais da competición olímpica de piragüismo que comeza precisamente ese día en Tokyo. Os alí presentes serán dos poucos ausentes no Nacional.
"É unha proba importantísima non só pola súa repercusión deportiva senón tamén desde o punto de vista de actividade económica", defende Fernández sinalando ademais que "para nós e para os clubes da cidade é moi importante celebrar eventos de nivel en Pontevedra".
Relacionadas:
-
Pontevedra estrea o primeiro campionato de España de piragüismo para veteranos
Por Redacción |
-
A EP Ciudad de Pontevedra logra o quinto posto no Campionato de España Sprint Olímpico
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O piragüismo pontevedrés lócese 'entre pontes'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Pontillón do Castro mantense en 2021 como sede do Campionato de España Sprint Olímpico de Piragüismo
Por Diego Espiño |