Gómez Noya remata segundo no Xapón e mantén intactas ás súas opcións nas Series Mundiais
Por Redacción
Jonathan Brownlee deberá loitar ata o último alento para evitar que Javier Gómez Noya consiga o seu terceiro título das Series Mundiais de Triatlón.
O triatleta galego logrou na súa reaparición en Yokohama, Xapón, un segundo posto que o mantén con opcións ata a última cita do calendario, do 20 ao 22 de outubro en Auckland, Nova Zelanda. Alí, ao pequeno dos irmáns Brownlee válelle con rematar terceiro para conseguir o campionato.
Na proba nipona Gómez Noya sobrepúxose ao pouco adestramento trala lesión sufrida na previa do Campionato de España de Pontevedra, e só foi superado polo portugués Joao Silva nos últimos quilómetros do segmento a pé. Unhas sensacións que referendou ao concluír a carreira, "non fixen ningunha sesión de calidade tralo esguince, por iso é polo que non podo pedir moito máis. Faltoume a chispa para responder ao cambio de Joao".