O Villalonga supera o Barbadás pero queda ás portas do ascenso a Terceira (1-0)
Por Almu Dapena
O Villalonga quedou ás portas de ascender a Terceira División a pesar de gañar ao Barbadás por un gol a cero. Os que si dan o salto de categoría son o Juvenil de Ponteareas e o Atlético Arnoia, que fixeron os deberes superando o Gran Peña, que xogou con nove xogadores (1-0), e o Cultural Areas (3-2) respectivamente.
Loitou con uñas e dentes o equipo de San Pedro para facerse coa vitoria fronte aos ourensáns, pero non só servía gañar, senón que debía darse unha carambola para quedar entre os dous primeiros clasificados do Grupo Sur de Preferente.
O gol de Héctor no minuto 25 fixo soñar ao Villalonga e á súa afección co ascenso, sobre todo cando o resultado entre Arnoia e Cultural Areas estaba ao seu favor ata chegado o descanso (0-2). Pero o equipo local non podía perder na súa casa e fixo unha segunda metade espectacular para protaonizar unha agónica remontada e sentenciar o encontro nun 3-2 e, con el, promocionar a Terceira.
O equipo que acompaña ao Arnoia é o Juvenil de Ponteareas, que superou o Gran Peña pola mínima. Foi un duelo no que non faltou a polémica, polo menos ao principio, cando os xogadores do equipo vigués saltaron ao terreo de xogo con pancartas en contra da Federación Galega de Fútbol pola decisión de celebrar a última xornada ligueira a propósito de que había varios xogadores contaxiados de covid-19 en varios equipos.
Tal e como explicaron os xogadores do Gran Peña a través das súas redes sociais, cando se cancelou por primeira vez a última xornada "había un único positivo y ahora con contagios no solo en nuestro equipo, sino en varios, existen esas prisas y presiones para jugar obviando la situación sanitaria".
Nos han robado un ascenso que teníamos en la mano y cualquier posibilidad de disputarlo en igualdad de condiciones. Gracias a todos por el apoyo, difusión y esperamos que haya consecuencias por estas irresponsabilidades. Nos quitan el sueño y trabajo de toda una temporada. pic.twitter.com/DRgCw9ODCu
— Iván (@ivancapelo97) July 25, 2021
A pesar diso, os partidos disputáronse tal e como fixou a Futgal, en xornada unificada o domingo 25 de xullo ás 18:30 horas a pesar da solicitude do Gran Peña de non disputalo xa que consideraban que "no tiene sentido que se nos exija competir".
Relacionadas:
-
A Preferente mantén o formato en subgrupos e botará a rodar o 19 de setembro
Por Redacción |
-
25 de xullo, data límite para o desenlace de Preferente
Por Redacción |
-
A última xornada de Preferente, aprazada de novo sen data por positivos por covid no Barbadás e o Gran Peña
Por Diego Espiño |
-
Aprazada por un caso de covid a última xornada de Preferente, na que o Villalonga apurará as súas opcións de ascenso
Por Redacción |