O Poio Pescamar, a recuperar a senda da vitoria ante a visita do Viaxes Amarelle
Por Redacción
A Primeira División de fútbol sala feminino vueve ao pavillón da Seca cun Poio Pescamar que pretende esquecer canto antes a súa primeira derrota do curso, hai unha semana na cancha do Roldán.
A visita do Viaxes Amarelle (sábado 18:30 horas) supón ademais o segundo derbi galego para as vermellas e unha grande oportunidade de sumar un triunfo que achegaría moita tranquilidade ao equipo consolidándoo na zona media-alta da táboa.
En fronte, as rapazas adestradas por Marcio Santos terán a un bloque coruñés que chega a Poio tras perder os seus dous últimos encontros e coa necesidade de afastarse dos postos perigosos.
O técnico brasileiro contará con todo o plantel á súa disposición salvo Anita, aínda en proceso de recuperación da súa lesión de menisco, mentres o Viaxes Amarelle non poderá contar con Patri tras lesionarse nun adestramento esta mesma semana.
A convocatoria do Poio FS está composta por Carmen, Silvia, Charo, Peke, Kiko, Ceci, Elena, Claudia, Yoly, Paloma e as xogadoras da canteira Tania e Nere Moldes, sendo para esta última a súa primeira convocatoria co primeiro equipo.