Salcedo recibirá este domingo centos de ciclistas para participar na quinta Mini BTT
Por Redacción
Máis de catrocentos deportistas participarán na quinta edición da Mini BTT que se celebrará este domingo 25 de xullo, a partir das dez da mañá, polos montes de Salcedo.
A proba foi presentada polo edil de Deportes, Tino Fernández, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz, e Francisco Lozano, monitor do club Farto.
"Esta é unha proba significativa, tanto polo seu espectáculo como pola súa dificultade na organización", explicou Fernández, que garantiu que na organización vanse a cumprir todas as normas establecidas pola pandemia.
Os deportistas participarán nas categorías alevín, benxamín, infantil, principiante e promesa.