Marín Futsal-Atlético Navalcarnero e Alcorcón-Poio Pescamar para empezar a liga
Por Diego Espiño
O Poio Pescamar e o Marín Futsal xa coñecen o camiño que lles espera a próxima tempada na Primeira División feminina do fútbol sala nacional, despois que a Real Federación Española de Fútbol dese a coñecer o resultado do sorteo dunha competición que dará comezo o 18 de setembro.
Para o Marín será o seu primeiro curso na máxima categoría, e o seu debut será de altura, ao recibir na Raña na primeira xornada ao Futsi Atlético Navalcarnero, mentres que o Poio Pescamar deberá visitar a pista do Alcorcón.
Unha semana despois, na segunda data do calendario, o cadro conserveiro estrearase na casa recibindo ao campión do liga, o Burela Pescados Rubén, mentres que o Marín afrontará un longo desprazamento a Melilla.
A competición ligueira, que recupera o formato de grupo único con 16 equipos participantes, prolongarase na súa fase regular ata o 11 de xuño, cos partidos Poio Pescamar-Móstoles e Leganés-Marín Futsal.
En canto aos derbis entre ambos os dous equipos, terán lugar o 2 de outubro na Raña na terceira xornada e o 19 de febreiro na Seca na xornada 18.
Consulta aquí o calendario completo da Primeira División Feminina 21-22.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar supera a Bembrive e Viaxes Amarelle nas primeiras probas de pretempada
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal empezan a preparar o seu primeiro ano xuntos na elite
Por Manu Otero |
-
Definida a Copa Galicia de fútbol sala, coa súa fase final prevista en Marín
Por Redacción |
-
O Marín Futsal renova á súa capitá, Pau
Por Redacción |
-
As arxentinas Julia Dupuy e Agostina Chiesa renovan por unha segunda tempada co Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Luísa Mayara, un "plus de calidade" para o plantel do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Anna Escribano regresa ao Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Ceci renova co Marín Futsal para o debut na Primeira División
Por Redacción |
-
A internacional brasileira Jane Marques, reforzo de categoría para o Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Silvia Aguete elixe o proxecto do Marín Futsal
Por Redacción |