O piragüismo pontevedrés lócese 'entre pontes'
Por Redacción & Cristina Saiz
O río Lérez viviu este sábado 17 de xullo unha gran xornada deportiva grazas á IV edición do Trofeo Entre Pontes organizado pola Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.
Máis de 500 deportistas de 36 clubs galegos dábanse cita nun evento que encheu de cor o tramo urbano do río, desde As Cobarceiras onde estaba situada a saída e chegada ata a ponte do Burgo, onde as embarcacións daban a volta.
Desde as 10.00 horas as diferentes categorías de canoa e kaiak competiron en augas pontevedresas en toda unha exhibición dos piragüistas locais.
Tanto foi así que na clasificación por equipos dominou con contundencia o club organizador, a EP Ciudad de Pontevedra, sumando 2.307 puntos, seguido do Club Naval de Pontevedra con 1.714. Completou o podio na terceira posición o Club As Torres Romaría Vikinga 1.464 puntos.
Relacionadas:
-
O Campionato de España Sprint Olímpico de Piragüismo reúne en Verducido "máis de 800 padexeiros"
Por Redacción |
-
Máis de 500 piragüistas para a cuarta edición do Trofeo Internacional Entre Pontes
Por Redacción |
-
Verducido énchese de piraguas coa disputa do Campionato Galego Sprint infantil e cadete
Por Redacción |