O Bádminton Ravachol avanza na súa planificación deportiva renovando a Gabriel Fernández
Por Redacción
Pelexar por regresar á máxima categoría nacional é o obxectivo do novo proxecto deportivo do Club Bádminton Ravachol Pontevedra.
Para iso o club pontevedrés púxose ao choio para asegurarse a continuidade dos seus xogadores. Neste sentido Georgina Bland e Manuel Brea foron os primeiros en renovar, e agora tocoulle a quenda a Gabriel Fernández.
"A renovación de Gabi estaba entre as prioridades do club, xa que é a definición de xogador de equipo por excelencia, e por iso converteuse nun dos xogadores máis queridos dentro do plantel", explica o director deportivo do Ravachol, Jesús Pereiro.
A pesar da súa mocidade Gabriel Fernández foi gañando protagonismo durante a tempada de debut do club en División de Honra, acabando como fixo nas alineacionse disputando 9 das 14 xornadas de liga. Será ademais a súa terceira campaña no equipo.
"Estou moi contento pola miña renovación por este gran club. Afronto esta nova tempada con moitísimas ganas de volver brillar na pista con esta camiseta", sinalou o xogador tras confirmase a súa renovación.
Á súa progresión en liga, a tempada de Fernández incluíu éxitos individuais como a medalla de bronce no Campionato de España Júnior.
Relacionadas:
-
O Ravachol renova á súa xoven promesa, Ania Setién
Por Redacción |
-
A Federación Española ofrece ao Bádminton Ravachol unha praza en División de Honra
Por Diego Espiño |
-
A ampliación da División de Honra abre unha vía ao Bádminton Ravachol para tentar seguir na máxima categoría
Por Diego Espiño |
-
Manuel Brea convértese na segunda renovación do Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
A renovación de Georgina Bland, primeira pedra do novo proxecto do Ravachol despois do descenso
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol certifica o seu descenso con derrota ante o Rinconada (5-2)
Por Almu Dapena |