Ribadumia quece motores para a primeira edición do seu 'RallyMix'
Por Redacción
A primeira edición do RallyMix de Ribadumia quece motores coa súa presentación oficial, celebrada este mércores.
A proba automobilística, segunda cita puntuable do certame autonómico da especialidade mixta de asfalto e terra, celebrarase os días 24 e 25 de xullo.
En concreto a Escudería Deguaces Tino Racing e a Escudería Charli Romeo, organizadoras do rally, prepararon un percorrido que tivo que ser recortado a 8,9 quilómetros tras un informe desfavorable de Medio Rural, ao que está previsto dar un total de 5 pasada cronometradas. Tres delas terán lugar o sábado 24 desde as 12.30 horas e dúas máis o domingo 25 a partir das 10.30 horas.
As verificacións técnicas dos participantes e o seu parque de traballo estará instalado na Biblioteca de Ribadumia.
A presentación do I RallyMix de Ribadumia contou coa participación do alcalde, David Castro, o delegado territorial da Xunta, Luís López, e o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez.