Manuel Brea convértese na segunda renovación do Bádminton Ravachol
Por Redacción
A confección do persoal do Club Bádminton Ravachol tras consumar o descenso a Segunda División Nacional segue o seu curso. O último en sumarse á lista de renovacións foi Manuel Brea, peza fundamental do primeiro equipo desde que chegou en 2018.
Durante a pasada tempada, a pesar da perda de categoría, Brea posicionouse como o mellor xogador do equipo cun balance de 14 vitorias en 24 partidos disputados, cifras que poderían ser mellores de non producirse a lesión no seu nocello no encontro contra o Alicante, duelo decisivo pola permanencia do club en División de Honra.
Unha vez recuperado da súa lesión e coa tempada xa terminada, o club pontevedrés ha confirmado esta renovación "a pesar da chegada de ofertas doutros clubs para continuar na máxima categoría".
Desde a súa chegada ao Ravachol, o xogador estradense converteuse nun fixo nas aliñacións durante as tres campañas que disputou co equipo, acumulando cifras escandalosas de 65 vitorias en 82 partidos.
A continuidade de Brea é "unha gran noticia para o Ravachol Pontevedra, xa que non só é un xogador importante dentro do equipo, senón que é un exemplo para seguir para a canteira. O seu nivel de compromiso foi sempre moi alto", destacou o director deportivo, Jesús Pereiro.
Neste sentido, Manuel Brea sinalou que "o clima de compañeirismo e familiaridade do equipo" son un dos motivos da súa continuación no club. "Aínda que esta tempada non fose a mellor a nivel deportivo, si foi moi boa en canto a experiencias vividas cos compañeiros. Estou listo para afrontar todos os obxectivos e retos que se presenten ao equipo esta tempada".
Pola contra, non todo son boas noticias para o Bádminton Ravachol, que segue sen recuperarse despois da pandemia. "Desde marzo de 2020, cando se iniciou o confinamento, o club non volveu a dispoñer de instalacións onde poder realizar os seus adestramentos, xa que o Sánchez Cantón deixou de estar dispoñible debido á redución de grupos, e a consecuente ampliación de horarios lectivos, e desde o concello aínda non puideron ofrecer ningunha alternativa", explican desde a dirección.
A pesar de todo, a base conseguiu durante a tempada 2020/2021 40 medallas en competicións individuais a nivel autonómico e nacional e clasificou a 4 deportistas para o Campionato de España.
Relacionadas:
-
O Ravachol renova á súa xoven promesa, Ania Setién
Por Redacción |
-
A Federación Española ofrece ao Bádminton Ravachol unha praza en División de Honra
Por Diego Espiño |
-
A ampliación da División de Honra abre unha vía ao Bádminton Ravachol para tentar seguir na máxima categoría
Por Diego Espiño |
-
O Bádminton Ravachol avanza na súa planificación deportiva renovando a Gabriel Fernández
Por Redacción |
-
A renovación de Georgina Bland, primeira pedra do novo proxecto do Ravachol despois do descenso
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol certifica o seu descenso con derrota ante o Rinconada (5-2)
Por Almu Dapena |