Silvia Aguete elixe o proxecto do Marín Futsal
Por Redacción
O proxecto do Marín Futsal para a súa estrea na Primeira División do fútbol sala nacional empeza a tomar forma, e faio cun reforzo de quilates.
Trátase de Silvia Aguete, que se converteu na primeira fichaxe do cadro marinense.
Renovado Raúl Jiménez como adestrador, a primeira peza do novo proxecto é unha das xogadoras máis cotizadas do mercado, a gardameta internacional pontevedresa, nomeada hai un par de tempadas mellor porteira do mundo.
Silvia, tras oito campañas defendendo a camiseta do Poio Pescamar, encara así aos seus 34 anos un novo reto, o de consolidar ao Marín Futsal na elite despois de desvincularse a principios de xuño do cadro conserveiro.
Nese momento, e con varias propostas sobre a súa mesa, iniciou un período de reflexión que terminou coa decisión de non moverse da casa para seguir gozando da súa paixón, xogar ao fútbol sala.
Relacionadas:
-
Café e María León renovan e súmanse ao "proxecto ilusionante" do Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal ficha á internacional brasileira Gaby e renova á súa gardameta Antía
Por Redacción |
-
O Marín Futsal renova á súa capitá, Pau
Por Redacción |
-
Marín Futsal-Atlético Navalcarnero e Alcorcón-Poio Pescamar para empezar a liga
Por Diego Espiño |
-
Ceci renova co Marín Futsal para o debut na Primeira División
Por Redacción |
-
Silvia Aguete e Caridad mantéñense nos plans da Selección Española, á que tamén regresa Jenny Lores
Por Diego Espiño |
-
Homenaxe 'de Primeira' para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal supera o Joventut D'Elx e xa é equipo de Primeira (5-7)
Por Almu Dapena |