Tripla medalla para Antía Otero no Europeo Júnior: ouro en C-1 e prata e bronce en C-2 con Valeria Oliveira
Por Diego Espiño
O Campionato de Europa Júnior e Sub-23 Sprint de piragüismo que celebrou na cidade polaca de Poznan tivo este domingo como clara protagonista a unha deportista de Marín, Antía Otero.
A padexeira da EP Ciudad de Pontevedra conseguiu na xornada final do campionato tres medallas, unha delas de ouro. O triunfo chegoulle na proba de C-1 200 metros de categoría júnior, ao superar na final cun tempo de 49.570 á húngara Fanni Seres (50.003) e á rusa Anna Pivovarova (50.286), que completaron o podio.
Foi o gran colofón a unha actuación de quilates, con outros dous podios na canoa dobre facendo equipo con Valeria Oliveira (Piragüismo Poio Pescamar). Xuntas conseguiron a medalla de prata no C-2 500 só superadas polas húngaras Laura Gonczol e Reka Opavszky e o bronce no C-2 200 metros.
Unha actuación que redondea unha tempada na que Otero estivo mesmo preto de clasificarse para os Xogos Olímpicos.
Non foron as únicas medallas para o piragüismo pontevedrés en Poznan, e é que Claudia Couto (EP Ciudad de Pontevedra) foi terceira no C-1 500 metros da categoría junior, tras a húngara Agnes Kiss e a rusa Alina Kovaleva, primeira e segunda, mentres que Pablo Crespo (EP Ciudad de Pontevedra) e Pablo Graña (Náutico Rodeira) levaron o bronce no C-2 500 en idade sub-23.
Pola súa banda alcanzaron posto de finalista Carolina García (Ciudad de Pontevedra) no K-4 sub-23, Diego Domínguez (Breogán do Grove) no C-1 1.000 júnior, Noel Domínguez (Breogán) no C-1 sub-23 e Manuel Fontán (O Muíño) e Martín Jácome (EP Ciudad de Pontevedra) no C-2 1.000 metros sub23.
Relacionadas:
-
Antía Otero recibe o apoio das Becas Podium soñando con París 2024: "Dáche forzas para crer en ti e ver que se pode"
Por Diego Espiño |
-
O campionato galego sprint de categoría infantil e cadete de piragüismo decídese en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Pontevedra agasalla os piragüistas Antía Otero, Claudia Couto e Pablo Crespo polos seus éxitos no Europeo
Por Redacción |
-
Tres embarcacións con ADN pontevedrés triunfan na segunda xornada do selectivo júnior e sub-23 de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
O selectivo júnior e sub-23 en Verducido outorga as primeiras prazas para Europeo e Mundial ao piragüismo pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
Antía Otero e Antía Jácome tómanse o desquite en Szeged cunha prata na Copa do Mundo de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero rozan a clasificación pero quedan sen praza olímpica no C-2
Por Diego Espiño |