Pedro Sánchez tamén se apunta ao novo proxecto do Teucro
Por Redacción
A xunta xestora do Teucro fai oficial a renovación do canteirán Pedro Sánchez para a tempada 2021/2022. O mozo xogador iniciou a súa andaina no Teucro con só cinco anos, pasando por todas as categorías inferiores da entidade ata debutar co primeiro equipo no pasado curso.
Na súa primeira tempada na categoría División de Honra Prata masculina o canteirán foi de menos a mais e coa súa continuidade seguirá achegando áao plantel xuventude, garra, creatividade e goles.
"Estou moi contento no club, é grande o cambio de Primeira Nacional a DHP, pero coa axuda do equipo e o corpo técnico fíxose moito mais fácil", declarou o canteirán tras selar a súa renovación para unha tempada na que espera "achegar o máximo ao equipo e seguir mellorando a nivel individual".
Coa continuidade do canteirán, o Teucro suma a súa quinta peza para a próxima tempada logo de renovar a Caue Herrera, Miguel Sío, Alejandro Gómez e Víctor Deco
Relacionadas:
-
Sétima renovación no Teucro coa continuidade de Ricardo González
Por Redacción |
-
Federico Wermbter non seguirá no Teucro
Por Redacción |
-
Iago Rodríguez, sexta peza confirmada para o Teucro 21-22
Por Redacción |
-
O Teucro segue sumando pezas para o seu novo proxecto: Víctor Deco renovado
Por Redacción |