O Teucro segue sumando pezas para o seu novo proxecto: Víctor Deco renovado
Por Redacción
A xunta xestora do Teucro fai oficial a renovación para a próxima tempada de Víctor Deco, que se uniu á disciplina teucrista a pasada campaña e ratifica agora o seu vínculo para un segundo ano no cadro pontevedrés.
A dirección deportiva do Teucro ve neste pivote un xogador cun forte carácter competitivo, capaz de desenvolverse con soltura tanto en ataque como en defensa e cunha capacidade de sacrificio innegable.
Formado nas categorías inferiores do Balonmán Montequinto, Deco será un dos piares do novo persoal que está a confeccionar o Teucro, que xa confirmou a continuidade de Caue Herrera, Miguel Sío e Alejandro Gómez.
"No club atópome moi contento e moi agradecido por que queiran contar comigo, xa que hai unha idea de proxecto moi bonita para crecer todos xuntos", recoñece o xogador, seguro de que o equipo dará un paso á fronte este ano para pasar menos apuros que na última tempada. "Creo que hai que darlle continuidade a todo o que se creou durante a tempada pasada, por que é un luxo poder seguir compartindo vestiario con xogadores que o van a deixar todo na pista e saír en todos os partidos a gañar sen importar o rival que se teña enfronte", engade.
Relacionadas:
-
Sétima renovación no Teucro coa continuidade de Ricardo González
Por Redacción |
-
Federico Wermbter non seguirá no Teucro
Por Redacción |
-
Iago Rodríguez, sexta peza confirmada para o Teucro 21-22
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez tamén se apunta ao novo proxecto do Teucro
Por Redacción |
-
A terceira renovación do Teucro para o próximo curso é Alejandro Gómez
Por Redacción |
-
O Teucro renova a Miguel Sío para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Caue Herrera, primeira renovación no Teucro 21/22
Por Redacción |