A Deputación destina medio millón de euros ao deporte náutico da provincia
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou esta semana a concesión de subvencións para o deporte náutico da provincia. As axudas serán de medio millón de euros e irán dirixidas a 54 clubs de piragüismo, remo e vela de 23 concellos da provincia.
Segundo explicou a presidenta de Deputación, Carmela Silva, 280.000 euros irán a a 27 clubs de piragüismo de 18 concellos, con axudas que van dende os 988 aos 25.351 euros.
Beneficiaranse, entre outras, catro entidades de Pontevedra (Club Naval, Club Verducido, Club Río Verdugo e Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra), dúas dos concello de Poio (Club Escuela de Piragüismo Poio e Club Escuela Marítima Combarro) e Vilaboa (Club Náutico Cobres e Club Vilaboa) e un de Cambados (Club Piragüismo), O Grove (Club Marítimo Breogán), Marín (Club Marítimo Tambo), Ribadumia (Club Náutico O Muíño), Sanxenxo (Piragüismo Portonovo), Vilagarcía (Club Depornautic Arousa), Caldas (Club Náutico Umia) ou A Illa (Club Piragüismo Illa de Arousa).
En canto aos clubs de remo, as achegas ascenden aos 145.000 euros e oscilarán entre os 4.438 euros e os 17.964 euros e irán a 16 clubs de 10 concellos.
Dous deles son de O Grove (Amegrove Club de Remo e Club de Remo Mecos) e un de Bueu (Club do Mar Bueu), Marín (Club de Remo Ría de Marín) e Vilagarcía (Club de Remo Vilaxoán).
Por último, 75.000 euros irán dirixidos a 11 clubs de vela de sete concellos da provincia, con axudas que van dende os 694 euros aos 18.937 euros. A Illa (KiteboardingGalicia), Marín (Real Club de Mar de Aguete) e Sanxenxo (Club Náutico de Sanxenxo) están entre os beneficiarios..
Grazas a esta axuda da Deputación, os clubs poderán cubrir gastos correntes, federativos (licenzas, mutualidades ou arbitraxes), equipacións, sanitarios ou para competicións (desprazamentos, aloxamento ou manutención), contratación de persoal, alugueiro, formación e organización de eventos.
Relacionadas:
-
A Deputación aproba 250.000 euros para a celebración de actividades deportivas na provincia
Por Redacción |
-
As entidades deportivas de Marín repartiranse unha subvención municipal de 90.000 euros
Por Redacción |
-
A Deputación apoia con 5.000 euros os deportistas pontevedreses clasificados para Tokyo 2021
Por Redacción |
-
O deporte galego referenda o seu compromiso pola igualdade e contra a violencia machista
Por Manu Otero |
-
Incremento dun 10% nas subvencións para o patrocinio dos clubes deportivos na cidade
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Luz verde da Deputación ás subvencións ao deporte federado de nivel autonómico e aos clubs de Preferente
Por Redacción |