Pablo Dapena viaxa a Polonia a por a súa primeira vitoria do ano
Por Diego Espiño
A tempada de Pablo Dapena está a piques de chegar ao seu ecuador e a un merecido descanso, pero antes o pontevedrés ten por diante un último e interesante reto.
O triatleta do BMC viaxa a Polonia para participar este domingo 20 de xuño no Challenge Gdansk, no que buscará o seu primeiro triunfo do curso tentando manterse no primeiro posto do ranking World Bonus da franquía Challenge.
Dapena comanda a clasificación tras os seus segundos postos en Mogán e Riccione e o seu cuarto en St. Pölten con 700 puntos, polos 650 que acumula Lionel Sanders e os 500 de Jan Frodeno e Gustav Iden.
Tras esta proba "me tomaré un breve descanso para estar al 100% para el resto de temporada", confirmou o deportista nas súas redes sociais.
En Gdansk Pablo Dapena enfrontarase a unha carreira de media distancia (1.900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21,1 quilómetros de carreira a pé) na que terá como principais adversarios a triatletas como o británico Tom Davis, o surafricano Matt Trautman ou os alemáns Marcus Herbst e Franz Loeschke, entre outros.
A proba dará comezo ás 8.00 horas do domingo.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena chega ao ecuador da tempada cun bronce no Challenge Gdansk
Por Almu Dapena |
-
Cuarto posto para Pablo Dapena e catorce para Saleta Castro no Challenge ST Pölten
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena, á fronte do World Bonus da franquía Challenge tras o seu segundo posto en Italia
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, a confirmar o seu bo momento de forma no Challenge Riccione
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, subcampión no Challenge Mogán de Gran Canaria
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |