O Pontevedra B cae en Porriño tras dar a cara ante o líder
Por Redacción
Boa imaxe a do Pontevedra B na casa do líder, o Porriño Industrial (3-2).
Non lle abondou sen embargo aos pupilos de Manu Fernández para rabuñar polo menos un punto do Lourambal.
Adiantouse o filial granate aos 23 minutos por medio de Ismael, pero o Porriño conseguiu dar a volta ao marcador a balón parado, despois dunha falta e un protestado penalti.
No tramo final os locais parecían sentenciar co terceiro tanto, pero o Pontevedra B logrou recortar distancias e mantívose con opcións no choque ata o último minuto.
PORRIÿO INDUSTRIAL CF (3): Samuel, Manu, Roberto, Tavi (Fabio, min.81), Álvaro, Eloy (Millos, min.54), Pedro, Marcos, Aarón (Brais, min.80), Taran, Quini.
PONTEVEDRA CF B (2): Adrián, Marou, Uru, Emilio, Puyi, Bruno (Paco, min.76), Héctor (Pedro, min.70), Víctor (Diego, min.71), Ismael, Félix (Kevin, min.70), Kevin Levis.
Árbitro: Rey Molano (Santiago). Amoestou aos locais Quini, Aarón, Eloy, Roberto, Marcos, Manu, Brais e Fabio e aos visitantes Emilio, Héctor, Félix e Bruno.
Goles: 0-1 Ismael, min 23; 1-1 Tavi, min.49; 2-1 Millos de penalti, min.65; 3-1 Pedro, min.81; 3-2 Marou, min.85.
Incidencias: Partido disputado no campo do Lourambal, Porriño.