Manita do Villalonga ao Melias que o consolida na terceira praza
Por Redacción
Despois de tres empates consecutivos o Villalonga de Julián Ferreiro retomou a senda do triunfo e fíxoo do mellor xeito posible, goleando o Melias en San Pedro (5-0).
Os celestes encarrilaron o partido xa na primeira metade con dous tantos de Jorge Fernández e sentenciaron á volta de vestiarios cun rápido gol de Cuqui.
Antes, no minuto 25, o Melias quedara cun futbolista menos pola expulsión por vermello directo de Vázquez.
Leo e Saúl redondearon a goleada no tramo final certificando a vitoria e mantendo invicto o Villalonga despois de sete xornadas, nas que suma tres triunfos e catro empates.
O equipo celeste sitúase tras este resultado en terceiro lugar a un só punto da zona de ascenso directo.
VILLALONGA FC (5): Albor, Cuqui, Saúl, Leo, Ramón (Dani, min.72), Juanito (Rego, min.59), Adrián, Antonio (Cristóbal, min.66), Arias, Giao (Héctor, min.52), Jorge Fernández.
SD MELIAS (0): Aarón, Pena, Gele, Joshua, Vázquez, Pucho (Oliveira, min.56), Andrés (Jandro, min.46), Cacho, Antonio (Manu, min.55), Pichi (Lamelas, min.56), Antoine.
Árbitro: Correia Caballero (Vigo). Amoestou a Cristóbal nos locais e a Pichi e Penas nos visitantes. Expulsou con vermello directo ao xogador do Melias Vázquez (min.25).
Goles: 1-0 Jorge Fernández, min.7; 2-0 Jorge Fernández, min.23; 3-0 Cuqui, min.52; 4-0 Leo, min.81; 5-0 Saúl, min.84.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.